Número de libros encontrados: 214
A folla azul
A Amazonia é un mundo verde e único. Tamén é o fogar de moitas tribos indíxenas que viviron alí desde o inicio dos tempos. Algunhas delas manteñen relación coa civilización, mentres que outras decidiron permanecer voluntariamente ocultas no corazón da selva...
Cocotibur
A misteriosa desaparición de tres raparigas nunha vila costeira galega e a súa intensa e dificultosa busca son o fío condutor desta historia de fantasía que bebe directamente das lendas da tradición oral...
Cancións para Ana Lúa
Hai quen oíu cantar o cervo. E sentiu o paso do unicornio. E viu saír a lúa do pozo. E coñeceu a existencia dos trevos de sete follas. Destas e moitas outras cousas fala este fermoso canto poético á infancia...
Superavoa
A avoa Rita garda un segredo. É unha superheroína! Se non fose por ela e os seus superpoderes, o mundo viríase abaixo. Un libro cheo de tenrura e de humor...
Plan de rescate
Xeila, Heitor, Aldán e Noela están traballando na aula de apoio da súa escola cando algo raro acontece. Oen un estrondo e a profe Xoana, que vai comprobar que pasou, desaparece...
Catro cartas
Enfiadas nas súas vivencias, estas cartas son mensaxes de amor arredor da lectura. Cinco pretextos para compartir ese mundo marabilloso da literatura, a palabra, a ficción...
O mundo máxico de Lía
Lía ten dez anos e a súa nai cre que é moi madura para a súa idade. Claro que o resto da xente pensa todo o contrario, sobre todo o pai, que se burla dela porque se nega a falar...
Meigas fóra!
Entre as vilas de Leira e Beira había moita rivalidade. Unha noite de San Xoán, os veciños e as veciñas decidiron rematar coas envexas e as porfías dos seus mandatarios...
Vampira de biblioteca
Esta non é unha historia calquera. É a miña historia. Preguntarás quen son eu. Chámome Eleonora, son unha vampira e dedícome a papar os insectos que queren roer as páxinas dos libros da biblioteca onde vivo...
A formiga destemida
Unha formiga curiosa e valente decide afastarse do seu formigueiro para vivir novas experiencias. Polo camiño vaise atopar con animais que nunca vira e aprenderá a facer cousas que xamais imaxinara: tocar música, flotar na auga, voar...
Tres bichicomas, dúas illas e unha serea
Edelmira odia dúas cousas por riba de todo: a nata do leite e o seu nome. A primeira consegue eliminala cun coador vello, pero da segunda non hai maneira de librarse...
Ricardo Carvalho Calero. A pegada do compromiso
Ricardo Carvalho Calero é unhas das figuras de obrigada referencia na historia do idioma galego: como investigador, como autor literario e como docente e promotor da nosa lingua nos diferentes ámbitos, espazos e contextos de uso...
Mariña e o balón
Mariña é unha namorada do fútbol e da poesía. Escribe poemas acotío, pero aínda non se decidiu a anotarse nun equipo de fútbol porque pensa que todo o mundo vai ser coma os seus compañeiros da clase, que sempre amolan as nenas que queren xogar co balón no recreo...
Os camiños do vento
Lucas e Sara comezan o novo curso xuntos no instituto. O cambio á ESO non será doado, e menos cando un novo misterio peta nas súas portas. Unha pequena ladroa de peixe aparece no peirao onde adoitan ir pasear...