Número de libros encontrados: 214
Feitizo
Marta ten unha nai bruxa. Si, bruxa, bruxa das de verdade, que xa se sabe que ninguén cre nelas, pero que habelas hainas. A Marta, se cadra, non lle preocuparía nada iso de ter unha nai bruxa...
O coello Federico
O coello Federico era un coello alegre, roedor e corredor, amigo dunha lebre e máis dun reiseñor. Farto de comer leitugas e cenoiras, atopou un día, fuxindo de raposas e rapinas, un campo cheo de morodos, dos que comeu tantos ata enfermar de indixestión...
Dúas bágoas por Máquina
Xusta é unha nena que tiña un can chamado Máquina. Un bo día desaparece o can e pasan varios días sen que apareza. Xusta e o seu irmán Moncho arman un plano para ilo buscar, de xeito que non van á escola -un colexio nunha vila ó que van en autobús- e non conseguen dar con Máquina, aínda que si se monta un rebumbio impresionante no colexio, na súa familia e na aldea...
Ameaza na Antártida
Said e Sheila, os dous irmáns do futuro que xa protagonizaran Perigo vexetal (premio Merlín, 1995) e O futuro roubado, viven aquí unha nova e inquietante aventura...
As flores do meu amigo
Estamos no século XIII, no reinado de Afonso X, o Sabio. Paio Gómez Chariño, o trobeiro autor de cantigas extraordinarias, volve a Galicia traendo canda el ó mozo Edelmiro Soutelo, fillo dun cabaleiro que morreu loitando contra os mouros nas guerras de Granada...