Número de libros encontrados: 214
Ringo. Memorias dun coello fedello
Ringo é un coello que forma parte dun impresionante número de maxia do mago Leo. A causa dun erro na execución do truco, un día aparece nun lugar descoñecido, lonxe do circo...
Mediometrópole e os superheroes
Perturbando a tranquilidade da apracible urbe de Mediometrópole irrompe un aterrador monstro, un xigantesco saurio mutante chamado Morzilla que se dedica, entre outras cousas, a papar edificios enteiros, coma se fosen pasteis de cemento recheos de aceiro, e a ceibar lume pola boca sen considerar que é agosto e a xente xa está a pasar calor dabondo...
Escarlatina, a cociñeira defunta
Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos...
Ánxela e Spencer
Na aldea onde vive Ánxela, os muíños do parque eólico deixaron de xirar coma todos os días. A xente di que houbo un accidente, que unha avioneta se estrelou contra eles, que o exército anda a facer pescudas pola contorna...
Animais fantásticos de aldea
O galiñeiro do señor Benito anda alborotado: as galiñas están fartas de vivir explotadas para acabar servidas no prato dos seus donos. Como vinganza, deciden falar co resto dos animais da aldea e argallar un plan terrorífico que lle porá a carne de galiña á veciñanza de Froxán...
A praia da esperanza
Raquel atopa unha buguina entre as rochas da praia e decide levala para a súa casa. Unha vez alí, descubrirá que a buguina garda no seu interior un ser moi especial, co que axiña fará amizade...
Unha veciña de película
O verán preséntase longo e aburrido para os xemelgos Elsie e Simón, mais todo dá un xiro inesperado cando chega unha nova inquilina á casa do lado...
O día que choveron gatos
Catarina múdase desde a gran cidade a unha pequena, gris e aburrida vila, ou iso pensaba ela. Aínda por riba, o propietario da vivenda onde se instala coa súa familia é Ovidio Lema, un personaxe desprezable que se presenta ás eleccións municipais polo PAI: a plataforma antianimalista que pretende acabar cos gatos da rúa...
Liliam Strawberry e o paxaro da morte
Cando Liliam Strawberry contaba con catro anos faleceu e, tres días despois, no medio dunha treboada, apareceu viva diante da súa casa. Por este feito excepcional é coñecida en toda Tanzana e máis alá...
A memoria dos pingüíns
Aldán ten catro anos e aínda está tentando entender o mundo. Cando os seus pais deciden deixar atrás a cidade e mudarse a unha pequena vila, coñecerá a Xiana, unha nena da súa clase...
A cidade dos desexos
Un día, os nenos e nenas da cuadrilla baten cunha persoa enigmática, capaz de facer as cousas máis estrañas e fascinantes. Con esa persoa van emprender a aventura de cambiar por completo a cidade onde viven...
Pomodoro
O oso Pomodoro vive tranquilo nunha pequena casa de cor vainilla rodeada de ducias de maceiras que coida con esmero cada día. Polas mañás, colle a súa cesta chea de mazás e fai repartimento entre a veciñanza...
O valo
No medio do deserto, o Soldadiño de Chumbo, un neno soldado, chanta unha bandeira e coloca un valo de arame xusto onde o mapa marca a fronteira. Do outro lado do valo, Sahara, unha rapaza que foxe da guerra, trata de convencelo de que a deixe pasar, xa que está procurando un pozo onde saciar a súa sede...
Francisco Fernández del Riego. O legado silandeiro
Francisco Fernández del Riego (1913-2010) foi o principal dinamizador do galeguismo cultural tras o abrupto corte que supuxeron a Guerra Civil e a posguerra...