Número de libros encontrados: 93
Curriño. Benvido ao equipo
Curriño leva días con cara de can, no peor sentido: botárono da súa mansión, tivo que rebuscar no lixo e segue sen recuperar a súa preciosísima melena! E esa carracha tan pesada continúa suxeita ao seu pescozo...
Curriño. O can influencer
Curriño non necesita presentación: é o can máis famoso de Internet! E o máis lindo, obviamente. Seguro que ti xa o segues en todas as súas redes...
Dona Problemas. Salvadora da escola
Durante unha das súas misións, Carlota, Dona Problemas, ten un accidente cun mestre, e este ten que coller uns días de baixa. A substituta será, nada máis e nada menos, que A Túa Profe Riquiña, unha «influencer» especializada en educación que, ademais, expón toda a súa vida nas redes...
O tren fantasma
A Alan no lle gusta ir para a cama. Para axudalo a durmir, o seu pai decide lerlle un conto moi especial: «O tren fantasma». Cando Alan queda durmido con el entre as mans...
Varetai. Protectora de espíritos
Lía é unha rapaza especial, dende cativa é capaz de ver os Vareti, espíritos elementais que protexen o mundo. Cando as cousas comezan a se torcer na vila, decátase de que algo non vai ben...
Formigas. Misión Entroido
FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes das FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados...
Caramomia
O aburrimento entrou de cheo nas vidas de Roque, Mafalda, Mabel e Brando xogándolles malas pasadas. Están empezando a ver cousas moi estrañas no barrio...
A Señorita Bubble. Deus salve as raíñas
A señorita Bubble recibe unha carta de Isabel II e ten que viaxar de inmediato ao Palacio de Buckingham. A raíña está en problemas: hai unha invasión de ratas na cidade de Londres...
Dona Problemas
A Carlota todo o mundo a coñece como «Dona Problemas», porque se dedica a resolver os incidentes que padecen os alumnos e alumnas do seu colexio: unha mochila estragada por un iogur que se derramou dentro, un cromo que non se dá conseguido ou un veciño que escoita a tele a todo volume e non deixa durmir...
Alma de elefante
Suy e Lawen son xemelgos. Suy ten alma de bolboreta e Lawen de elefante. Ou iso di a velliña Champey. A Suy parécelle imposible: el é máis forte e sempre coidou da súa irmá xemelga...
Nogard
«Nogard era un dragón que tiña todo do revés e, no canto de lume, botaba auga pola boca...» Cando Celia comeza a inventar esta historia para os seus sobriños non sabe como acabará...
Ai, que risa! Os Minimortos
O oso Penoso non está a pasar o seu mellor momento. Nunca foi a alma da festa, pero agora está triste de verdade. Para tentar animalo, os Minimortos deciden multar a todos os habitantes do Outro Barrio que digan cousas que sexan o contrario de alegres...
Os Megatoxos e o reto de Internet
Ultimamente en Internet non se fala doutra cousa. Toda a xente está pegada aos ordenadores, ás tabletas, aos móbiles... Toda a xente? Non. Aos Megatoxos semella que non lles afecta ese RETO que inunda as redes...
Trece avisos
O medo avisa cando chega. Un sopro de aire frío. Un arrepío polas costas. Un corazón que latexa. Algo que non vemos, pero sabemos que está. Algo que sentimos, ou que presentimos...