Número de libros encontrados: 62
A nena lectora
«Aurora achegouse e abrazoume. Detrás dela había un grupo de mulleres. Presentoumas: ''Son a miña cuadrilla de cigarreiras. Traballamos xuntas na fábrica...
A crebeira Marabillas
Marabillas é crebeira. Unha crebeira apaña as cousas que o mar trae á praia. Ás veces o mar tamén trae tesouros, por iso ser crebeira é tan fabuloso...
Que queres ser de maior, pequena?
Que che gustaría ser de maior? A Antía moito a amola que os adultos lle fagan decote esa pregunta e, aínda máis, que sempre a respondan eles mesmos sen contar coa súa opinión: «Serás unha gran doutora, como a túa nai; ou unha gran panadeira, seguindo a tradición familiar!»...
Vaia cabuxiño!
O Lobo Feroz é un cidadán respectable e responsable que coida do seu sobriño e rexenta unha xastraría. Iso é agora, antes o Lobo non era así. Non era feliz...
Un can
Moncho é un can, aínda que algúns non queiran recoñecelo. Un conto de humor sobre o dereito a ser diferente.
O meu irmono
Marta ten un irmán moi raro. É un mono! Un conto de humor sobre as diferentes formas de ver o mundo.
Marosa e Mariña camiñan a Compostela
Na Catedral de Santiago levaron un desgusto enorme: o botafumeiro caeu ao chan. A osa Marosa e a toupiña Mariña son as únicas que saben arranxar a corda que suxeitaba o enorme incensario...
A lavandeira de San Simón
«Nunca vira esta parte da illa, nin a torreta nin o enreixado, nin os gardas cos fusís que vixiaban, nin os centos de homes que agardaban detrás deles, coa fame e o medo nos ollos...
Bichería
Un libro cheo de paxaros, insectos, peixes, réptiles, felinos e demais bichería con máis de corenta contos pequenos, pero grandes en humor e tenrura, nos que descubrirás as cousas estrafalarias que lles aconteceron a estes animais e mesmo a verdadeira orixe dalgúns deles...
Alcaldesa Vermella
Un misterioso personaxe chegou á fraga. Axiña corre o rumor de que é o mesmísimo xenio da lámpada marabillosa, así que os habitantes do lugar deciden reunirse para facer unha listaxe de peticións...
Ei, superavó!
O avó é un aventureiro que sabe facer cousas incribles... Queres coñecelo? Co seu compás máxico, leva os seus netos e netas a vivir trepidantes aventuras...
Unha fábrica de bicos
A Mindi non lle gustan os bicos. Nin sequera un pouco, a pesar de recibilos. Esa pode ser a razón de que non os dea. Quizais si ou quizais non. Pódese aprender a dar bicos? Existe unha máquina que os fabrica dentro de nós e os fai saír a través dos beizos? Como e cando se pon a funcionar?
E ti que farías por min?
Malta e Marqués viven na rúa. Cada vez cústalles máis atopar comida e teñen que buscar no vertedoiro. Marqués non se atreve a merterse no lixo, pero faille promesas a Malta: Se fose bolboreta regalaríache...
Dez gatiñas viaxeiras
Dez gatiñas curiosas, rebuldeiras, intrépidas, van coas súas mochilas percorrendo toda Galicia. Ata onde as levará a súa viaxe? Con base na tradición oral e un gran sentido do humor, Eva Mejuto e Víctor Rivas crean unha divertida aventura ao longo da xeografía galega, chea de ritmo e con moito que descubrir en cada páxina...