Traductor/a
Llerena Perozo Porteiro
Llerena Perozo Porteiro (Vigo, 1974) non ten un oficio ao uso. Desde 2020 vive na Gargalleira (Silleda), onde habita un proxecto vital e social de volta á natureza, ao rural e á cultura. Ademais do seu activismo ecofeminista, a súa traxectoria profesional inscríbese nos eidos da cultura, do medio ambiente e da igualdade.
Colaboradora regular en medios de comunicación («Praza Pública», «La Voz de Galicia», Radio Galega - TVG2, «Grial»), publicou tres libros de divulgación sobre igualdade e ecoloxía, varios libros destinados ao público infantil e xuvenil, así como as novelas «Pérez. Historia dun triunfo» (2021) e «Os anos tranquilos» (Xerais, 2024). Fotografía da autora: Tania Valencia.