Logo Xerais

Ficha libro

Hai suficiente infinito

Antón Patiño
Xavier Seoane

Contenidos

Entre o ensaio e o manifesto, a xeito de reflexión no fío do finisecular e de pescuda nas plurais perspectivas do feito cultural e creativo. os seus autores apostan polos abertos espacios da fecundación e da imaxinación, do soño e da viaxe. Sen pretensións dogmáticas nin doutorais, coa dúbida metódica como lema mais co entusiasmo como arma, levan a cabo unha indagación que atinxe á complexidade dun tempo magmático. O reto que asumen é densificar o debate, plantexando novas propostas e referentes. "Hai suficiente infinito" é unha aventura a catro mans, xurdida no mes de marzo de 1998, en tres días intensos de procura e deriva na cidade da Coruña.