A pintura galega (1850-1950)
Fernando MartÃnez Vilanova
Contenidos
A pintura galega contemporánea, que ten a súa xénese en torno a 1850, carecÃa dunha explicación homoxenea que deslindase o penoso camiño que a achega ata os nosos dÃas. Moitas teñen sido as monografÃas e os traballos publicados que valoraran parcial, individual ou mesmo anecdoticamente os momentos que máis significaron unha inflexión no seu desenvolvemento, pero faltaba esa singularización colectiva que explicara os procesos, as intencións e as relacións con outras manifestacións culturais.Esta relectura crÃtica fundamenta A pintura galega (1850-1950), unha obra que xira en torno a tres argumentos: escola, como forma particular identificábel coa personalidade cultural de Galicia, aspiración esta que xorde co Rexurdimento; contextualización, adaptación das formas renovadoras aos parámetros do paÃs; e modernidade, vocación irrenunciábel no proceso de integración expresiva da vangarda contemporánea.Estas consideracións obrigan daquela a reconsiderar certos momentos estelares da nosa pintura en azos dunha explicación da súa diacronÃa dun xeito máis racional. Neste senso serán reconsiderados os valores da renovación novecentista, o carácter ambiguo do rexionalismo, o peso do nacionalismo na definición dunha elección estética particular, e o factor determinante da paisaxe como anfitriona na descuberta da paisaxe humanizada polo traballo que definirá o vencello realista expresivo dos artistas da xeración de 1930.