Logo Xerais

Ficha libro

Orballo da media noite

Roberto Blanco Torres

Contenidos

"Orballo de medianoite", libro publicado en 1929, é a única obra poética de Roberto Blanco Torres (Cuntis 1881-Entrimo, 1936), autor a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas de 1999. Esta obra recolle recursos propios da poesía vangardista xunto co emprego de imaxes insospeitadas, terminoloxía futurista e referencias urbanas. A primeira parte do libro céntrase na poesía conceptual e filosófica mentres que é a poesía civil a que se apropia da segunda parte de Orballo de media noite.Roberto Blanco Torres, que amais de escritor foi un dos máis destacados xornalistas da época, foi "paseado" polos falanxistas ourensáns logo do alzamento militar de 1936.