Autor/a
Emilio de Gregorio
Emilio de Gregorio Fernández, (Campaña. Valga. Pontevedra , 1946). Catedrático de Ensino Secundario xubilado. Cursou Filosofía e Letras , Sección de Historia na USC, licenciándose en 1970 cunha Tesina sobre os Maios, a primeira en galego naquela Sección. Ten publicadas as obras Historias do 30 de febreiro (1969) e a obra infantil Miúdo e a campaíña dos grilos. É coautor, xunto con Armando Sendín, do Dicionario de Arte (Xerais, 2010).
Dende o ano 1970 desenvolveu o seu labor docente en distintos Institutos de Bacharelato, en territorio español e no estranxeiro.